¡Colabora con nosotros!

Baseado en Alaveteli

Este sitio web funciona gracias a Alaveteli, un software libre que permite realizar solicitudes de información pública (o que se coñece en inglés como FOI – Freedom of Information ou ATI – Access to Information). O software está orixinalmente en inglés pero pode traducirse doadamente a calquera idioma.

Alaveteli foi desenvolvido inicialmente pola organización británica mySociety e foi mellorado para facilitar o seu uso a nivel internacional. Kosovo, Bosnia, Brasil e a Unión Europea xa teñen os seus propios portais baseados neste software.

O desenvolvemento de Alaveteli contou co patrocinio de diferentes fundacións e organizacións benéficas interesadas na transparencia. A versión de tuderechoasaber.es foi construída grazas ás aportacións recibidas a través da plataforma de crowdfunding Goteo e a unha serie de patrocinadores.

¿Gustaríache adaptar Alaveteli no teu país?

Se queres crear unha web Alaveteli no teu país podemos axudarche. Só precisas:

  • Un programador. O sitio web pode ser configurado en poucos días.
  • Un experto en acceso á información que te asesore sobre como funciona este dereito no teu país.
  • Un moderador. Terás que adicar unhas horas á semana a moderar e administrar a páxina.

Para máis información, consulta a web de Alaveteli, ou escrebe un correo ó equipo de tuderechoasaber.es.