¡Colabora con nosotros!

Información para instituciones

Qué é tuderechoasaber.es?

Proceso de las solicitudes

Privacidad

Qué é tuderechoasaber.es?

Veño de chegar a este enlace a través dunha solicitude de información. De que se trata?

Tuderechoasaber.es é unha páxina web xestionada pola ONG de dereitos humáns Access Info Europe e pola Fundación Ciudadana Civio. Axuda ós cidadáns a pedir información a institucións públicas españolas dun xeito centralizado e a comparti-las respostas co resto dos cidadáns.

A solicitude que recibiu enviouse a través de tuderechoasaber.es. Só terá que responder á solicitude do mesmo xeito que unha solicitude de información corrente. A única diferencia é que a resposta se publicará automáticamente na páxina web de tuderechoasaber.es

Se ten dúbidas sobre a privacidade ou calquera outro asunto, por favor siga lendo xa que quizais se resolverán máis adiante.

É posible que estea interesado en le-la sección Quen Somos para coñecer con máis detalle en que consiste este proxecto, o equipo e a que nos adicamos.

Tamén pode navegar pola páxina para ver que outras solicitudes se realizaron á súa institución e comprobar cal é o estado de resposta.

Nos encantará recibir sus comentarios, ideas o sugerencias sobre esta web. Por favor, contacte con nosotros.

Por que se publican as respostas ás solicitudes de información?

Coidamos que achega beneficios. Principalmente afoutará ós cidadáns a estar máis interesados e comprometidos coas actividades das institucións públicas.

Tamén esperamos que, deste xeito, se reduza o número de solicitudes de información duplicadas que poden recibir organismos coma o seu.

A información que se vai solicitar é información pública polo que a súa posterior publicación non supón ningún problema, antes ben: coma mencionabamos, é un xeito eficente de que esta non volva a solicitarse.

As persoas que realizan solicitudes son reais?

Por suposto. Antes de poder enviar unha solicitude, tódolos usuarios deben rexistrarse na páxina web aportando un e-mail que verificamos.

Para que o sistema funcione de xeito automático, utilizamos enderezos de correo electrónico xerados por ordenador para cada unha das solicitudes. É por iso que o enderezo de contacto que a vostede lle aparece pon “@tuderechoasaber.es”.

tuderechoasaber.es está enviando solicitudes de máis!

tuderechoasaber.es non realiza ningunha solicitude. Enviámo-las en nome dos usuarios, que son persoas reais que solicitan información acerca dos temas nos que están interesados. Se está recebendo moitas peticións, é un sinal de que hai interese na súa institución ou nas súas actividades

Proceso das solicitudes

Estou a ver en tuderechoasaber.es que se realizou unha petición á miña institución, pero nós non recibimos email ningún!

Se unha petición aparece en tuderechoasaber.es é que tentamos de envia-la ó órgano pertinente vía e-mail. Calquera mensaxe de erro na recepción aparecerá automáticamente na web.

Pode comproba-lo enderezo de contacto á que estamos a enviar as peticións usando o link “Ver enderezo de e-mail” que aparece na páxina de cada institución. Por favor, se ten un enderezo mellor que poidamos usar, agradeceriamos que se puxera en en contacto con nós.

Ás veces, as peticións son bloqueadas polos “filtros de spam”. Para asegurarse de que isto non ocorra, pida ó seu departamento de informática que engada calquera e-mail de @tuderechoasaber.es á lista de remitentes autorizados.

Se nolo solicita, podemos reenvia-lo correo da solicitude realizada á súa institución e/ou darlle detalles técnicos da entrega, de xeito que o seu departamento de informática poida identificar o que lle ocurreu coa mensaxe.

Como calculan a data límite que aparece na páxina de peticións?

Calculamos tres meses dende o envío da solicitude, tal e como se establece no artigo 35 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Se se trata de información medioambiental, calculamos un mes dende o envío da solicitude tal e como establece a lei de acceso a información medioambiental.

Como respondo á solicitude?

Simplemente, responda ó e-mail de xeito normal. A solicitude farase chegar ó solicitante e publicarase tamén na páxina web de tuderechoasaber.es.

Como podo enviar un arquivo grande que non pode ir por e-mail?

Contacte con nós e facilitarémoslle un enderezo web para subi-lo arquivo dende o seu navegador.

Privacidade

Por que publican os nomes dos funcionarios e o texto dos e-mails?

Consideramos que o traballo dos funcionarios debe ser información pública. Unicamente eliminaremos dita información baixo circunstancias excepcionais. Véxase a nosa política para retirar datos.

Publican os enderezos de e-mail e os números de teléfono móbil?

Para previ-lo spam, tentamos eliminar automaticamente tódolos enderezos de correo e posibles números de télefono móbil das respostas ás peticións. Por favor, contacte con nós por se esquecemos de retirar algún. Por razóns técnicas, non sempre podemos elimina-los dous arquivos adxuntos así coma dalgúns documentos en PDF.